Sen sorpresas nin imprevistos. Valoramos a proposta que mellor se adapte e obterás un prezo real. No contrato detallamos o orzamento, formas de pago e prazos.
Goza da túa nova vivenda con toda a tranquilidade que EDM CASAS asegura grazas ao control exhaustivo que realizamos en todos os procesos, desde o estudo previo até a entrega de chaves.
EDM está formado por profesionais especializados en construción de vivendas pasivas e bioclimáticas. Construcións sustentables e respectuosas, mediante a utilización de materiais naturais que achegan benestar e saúde tanto ás persoas como ao noso planeta.