A importancia dos serradoiros na construción de casas con estrutura de madeira en Galicia
Coincidindo coa visita ao serradoiro Fillos de Ramón Rubal, que EDM CASAS realizou o pasado 12 de febreiro, queremos facer unha breve reflexión sobre a importancia e o papel que esta industria debe representar no futuro do sector da construción sustentable en Galicia.
Lembrar que EDM CASAS constrúe co sistema de armazón lixeiro con madeira aserrada de orixe Galega, certificada e clasificada para uso estrutural.
De que madeira dispomos actualmente en Galicia para este uso?. Sen ningunha dúbida, unha das mellores é a extraída do Piñeiro Pinaster, coñecido tamén como “Pino do pais”, unha madeira con boas prestacións en canto a resistencia e durabilidade para este tipo de sistemas.
Involucrar ao sector forestal neste camiño (fomentando plantacións desta especie, coas súas melloras xenéticas, cuns longos e propiedades adecuadas para a obtención de madeiras para uso construtivo) implicará que prescriptores e construtores poidamos dispor de madeira de proximidade. Con iso diminuirá tanto a dependencia que de outros mercados exteriores temos na actualidade como o problema que supón o transporte a través de miles de quilómetros de especies foráneas, co consecuente incremento de custo. E máis importante aínda, favorecemos o desenvolvemento dunha economía circular e sustentable na nosa comunidade.
EDM CASAS ten un acordo co serradoiro Fillos de Ramón Rubal, situado no concello de Alfoz, para provernos de madeira de Piñeiro Pinaster clasificada como C18 e C24. Precisamente EDM CASAS foi a primeira empresa en adquirir madeira certificada neste serradoiro. A día de hoxe temos unha obra en marcha e 3 máis en proxecto, todas elas con madeira Galega.
Ligazóns relacionadas: