MÁIS DE 15 ANOS CONSTRUÍNDO SOÑOS

EDM CASAS nace da unión da profesionalidade e o respecto polo medio ambiente, dous requisitos indispensables para sacar adiante os nosos proxectos.

O noso principal obxectivo é a construción de vivendas unifamiliares personalizadas segundo as necesidades de cada persoa, de cada familia que estea a pensar en crear o seu novo fogar.

Utilizamos a madeira pola súa versatilidade na execución, polo confort que nos ofrece  e porque desta maneira non só non emitimos CO2 á atmosfera senón que o secuestramos.

Damos preferencia a  que tanto os provedores como os materiais utilizados sexan de proximidade, tentando achegar así ao desenvolvemento dunha economía circular.

Todos os colaboradores de  edm casas son profesionais especializados:

  • Arquitectos certificados en deseño Passivhaus e especialistas en cálculo e deseño con madeira
  • Arquitectos técnicos especialistas en estruturas de madeira
  • Montadores de estruturas cualificados
  • Proveedores de materiais con marcado CE

SOMOS PROFESIONAIS SERIOS

Responsabilidade

SOMOS XENTE APAIXONADA

Creatividade

SOMOS PERSOAS CONCIENCIADAS

Sustentabilidade