EdmCasas participa no I Encontro intersectorial do piñeiro de Galicia

O vindeiro 27 de outubro celébrase na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o Iº Encontro intersectorial do piñeiro de Galicia.

EdmCasas foi convidada a participar na mesa de debate  “A madeira como palanca para unha construción sustentable e industrializada”. Belén Bouza, directora técnica de EdmCasas, estará presente a partir das 17:45 horas expondo o noso proxecto, que se centra no uso da madeira estrutural de pino galego para a construción de vivendas, como parte dunha solución sustentable e claro exemplo de economía circular.

O aforamento é limitado polo que se roga inscrición previa. A xornada será retransmitida en directo a través das redes sociais de #PinodeGalicia.

Descarga aquí o programa completo das Xornadas

Máis información:

Programa general del I encuentro intersectorial del pino de Galicia. casa madera galicia Coruña "