Finsa e Maderas Goiriz impulsan unha fábrica de contralaminado en Coirós
A apertura da primeira planta de fabricación de CLT en Galicia é unha excelente noticia para o sector da transformación da madeira, pero tamén representa un gran impulso para o incipiente mercado da construción e da edificación con este material.
Que a materia prima utilizada para a súa fabricación teña unha orixe de proximidade (madeira de piñeiro producida en Galicia) é un valor engadido con consecuencias positivas para o desenvolvemento dunha economía circular. Ademais permite romper a dependencia que para a obtención deste produto tiñamos de paises nórdicos, contribuíndo a unha construción máis sustentable.
Desde Edm casas queremos felicitar tanto a Finsa como a Maderas Goiriz e desexarlles moitos éxitos con esta nova iniciativa.