EdM Casas constrúe a primeira casa elaborada con madeira galega e certificada Pasivhaus en Galicia
Belén Bouza, CEO e fundadora de EDM Casas estivo presente na visita que o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, realizou o pasado día 15 de febreiro, en Biduído, Ames (A Coruña), ás obras da primeira vivenda con madeira de piñeiro galego construída baixo o estándar passivhaus.
A edificación é un inmoble de alta eficiencia enerxética, de deseño bioclimático e fabricada con materiais de baixo impacto ambiental elaborados por industrias galegas, como o CLT (madeira laminada cruzada) de Xilonor ou a madeira maciza para armazón do serradoiro Hijos de Ramón Rubal de Alfoz (Lugo).
Francisco Conde destacou que esta vivenda é a mellor abanderada posible da marca Pino de Galicia, o cal é unha garantía de trazabilidad, calidade e sustentabilidade; o tres vantaxes competitivas que definen o sector forestal e a cadea da madeira en Galicia.
Esta vivenda, construída por EdM Casas, é un bo exemplo do uso da madeira como un elemento básico para a economía circular, tanto pola sustentabilidade do seu proceso produtivo como por ser un material renovable.
Máis información:
- Artigo en Campo Galego: Así se monta nunha semana a estrutura dunha vivenda de madeira
- Artigo en La Voz de Galicia: Galicia xa ten unha “passivhaus” de pino galego
- Artigo en El Correo Gallego: Construción sustentable en madeira de pino galego na zona de Biduído
- Artigo na COPE Santiago: Así é a casa pasiva que se constrúe en Ames (A Coruña)
- Nota de prensa da Xunta de Galicia