Project Description

Casa Pantín

Ficha técnica

Emprazamento: Pantín, A Coruña

Arquitectura: Domohomo Design S.L. & edmacasas

Descrición

Rehabilitación de vivenda tradicional enfronte á praia de Pantín.

Esta vivenda de tipoloxía tradicional foi rehabilitada respectando as alturas e os ocos de luz existentes. Levouse a cabo unha intervención en cuberta que foi clave para todo o deseño. Substituíronse as cerchas por pórticos metálicos combinados con vigas de madeira de abeto laminado, dándolle un maior protagonismo á madeira.

É unha vivenda con moito movemento porque está construída aproveitando a pendente natural do terreo, cunhas fantásticas vistas á praia de Pantín, aparece así unha peza clave e fundamental, a escaleira, que comunica os 3 niveis da casa converténdoa en funcional e actual.

Galería de imágenes