Project Description

Casa Punxeiro

construcción con madera de una vivenda unifamiliar en Mera (Oleiros)

Ficha técnica

Emprazamento: Urbanización Punxeiro, Mera, Oleiros, A Coruña
Superficie construída: 84.64 m2
Número de plantas: Planta baixa e planta alta
Número de dormitorios: 1
Número de baños: 1 e un aseo
Arquitectura: Marta Trigás

Descrición

A vivenda Passivhaus situada na urbanización Punxeiro, Mera, A Coruña, levántase sobre unha parcela por onde pasa un pequeno regacho e o tendido eléctrico, condicionantes urbanísticos que delimitan a volumetría a un pequeno triángulo de 43m2 construídos en planta.

A vivenda  será construída con armazón lixeiro de madeira aserrada de #pinodegalicia  en paramentos verticais con illamento natural no seu interior. A envolvente térmica complétase cun sistema SATE e algúns detalles con fachada ventilada de lamas de madeira termotratada. A cuberta será plana non transitable.

As carpintarías serán de PVC e vidro dobre baixo emisivo con control solar. A imposibilidade de xerar sombras mediante a propia volumetría da vivenda debido ás restricións urbanísticas fixo que todas as xanelas estean protexidas polo exterior mediante persianas de lamas orientables que mitigan a incidencia do sol nos meses máis calorosos.

A climatización da casa fornécese a través do aire de ventilación mecánica con recuperación de calor e unha batería eléctrica de postratamiento para lograr o máximo confort.

Galería de imaxes