Fabricación e montaxe de entramado lixeiro
En edm casas construímos en base a un entramado lixeiro de madeira podendo executar vivendas unifamiliares de até 3 alturas. A madeira que empregamos é aserrada e clasificada para uso estrural baixo a marca “Pino de Galicia”. A súa orixe de proximidade contribúe ao desenvolvemento dunha economía circular.
Construír con madeira proporciona rapidez na execución da obra, non existindo tempos de secado nin de esperas de maduración como ocorre co formigón. É unha construción seca.
Conseguimos un importante aforro enerxético, ao redor dun 40%, tanto para calefactar como para refrixerar, debido ao seu carácter illante (15 veces maior que o formigón e 40 veces maior que o aceiro).
Grazas ao seu transpirabilidade aseguramos unha óptima calidade do aire no interior da vivenda.
A madeira presenta unha alta resistencia ao lume, máis segura que unha estrutura de aceiro non protexida.
O uso da madeira reduce as emisións de CO2 (por cada m3 afórrase un total de 2 toneladas de CO2).
Deseño e cálculo estrutural
Desde EDM apostamos por realizar construcións sustentabeis, de baixo consumo enerxético, utilizando para iso materiais con pegada ecolóxica positiva que protexan o medio ambiente.
Adaptamos os teus deseños con comprobación e xustificación estrutural. Achegamos planos de estrutura de unións.
O noso equipo técnico utiliza a tecnoloxía CAD-CAM que logra a exactitude dos deseños, o incremento da productividade e a eficiencia das operacións e polo tanto, a redución de custos.
Asesoramento
Axudamos a construtoras que queiran realizar parte do seu traballo en madeira. Desde o cálculo de estruturas a unha análise detallada que evite problemas estruturais, aforrando tempo e custos.
Para arquitectos, xa sexa nunha fase inicial ou co proxecto de execución visado, analizamos a documentación e, se cumpre, propoñemos as modificacións necesarias para a construción do proxecto en madeira.
Para iso contamos con especialistas en deseño e cálculo con madeira, ademais de técnicos especialistas en obra Passivhaus (Tradeperson Passivhaus)