Video presentación de EdmCasas: A madeira como palanca para unha construción sustentable e industrializada en Galicia
Na mesa de debate organizada pola Fundación Arume baixo o título “A madeira como panca para unha construción sustentable e industrializada en Galicia”, na xornada de presentación oficial da marca Pino de Galicia, Belén Bouza, directora técnica de EdmCasas, pechou o encontro describindo a súa experiencia na construción con madeira en Galicia.
Emma Romero, responsable de solucións construtivas de Finsa y da Plataforma Wood is Wood, foi a encargada de presentala, deixando claro que “é importante traballar nun cambio cultural sobre a construción con madeira en Galicia e en España”.
Belén Bouza, recalcou a necesidade “imperiosa” de formarse no mundo da madeira para poder traballar con garantías con este material. Así mesmo profundou na vantaxe e oportunidade da utilización de coníferas galegas sumimistradas a través de provedores certificados, é dicir, madeira galega certificada. Para iso, a xestión forestal preséntase como clave, xa que é a única forma de poder seguir contando con este material nun futuro.
Máis información:
Artigo sobre este evento na revista dixital “Madera sostenible”