Estudo previo

Contacta connosco, envíanos un mail, un whatsApp, chámanos, o que máis che apeteza.

Quedaremos nas nosas oficinas para coñecernos e falar do teu futuro fogar. Trae a referencia catastral da finca e así verificaremos que o que queres facer pódese adaptar a ela. Comprobaremos tamén se o terreo pode estar afectado por Patrimonio, augas, etc

Logo imos desenvolver un estudo previo cos datos deste encontro, a túa idea, a situación da finca e plasmarémolo nunha presentación coas nosas achegas, se cremos que podemos mellorar a túa proposta. Isto ten un custo de 300€ que se descontarán ó final se contratas connosco a obra.

Proxecto e prezo

Gústache a nosa presentación, xenial!, seguimos traballando xuntos, asinaremos un precontrato onde se reflictan os conceptos contratados e as formas de pago. Pómonos a traballar!

O noso equipo técnico reunirase as veces que faga falta para conseguir o proxecto definitivo que cumpra con todos os teus requisitos e necesidades.

Co proxecto definido valoraremos a construción e contemplaremos os acabados que queres darlle.

O orzamento será pechado cun contrato no que se detallen todos os conceptos a executar e cada unha das calidades elixidas, aclarando perfectamente o que está incluído e o que non dentro do prezo pactado. Así mesmo contemplaranse prazos de execución e formas de pago.

Execución

Unha vez completada a fase de proxecto chega o momento de solicitar a licenza ao concello correspondente, este tempo non o controlamos nós e varía en función de cada concello.

Recibida a licenza, organizaremos a entrada á obra en aproximadamente 1 mes; isto facémolo para crear un organigrama con todos os axentes que van intervir, así evitamos tempos mortos e optimizamos custos e prazos.

A execución divídese en varias fases diferenciadas:

    • Cimentación
    • Montaxe de estrutura principal, muros, forxados, tabiques e cuberta
    • Instalacións, electricidade, fontanería, calefacción, domótica, etc
    • Acabados interiores, solos, paredes, teitos, carpintería interior
    • Acabados exteriores, carpintería exterior, revestimento

Antes de iniciar cada fase reunirémonos para verificar, co proxecto, se houbera algo que modificar, aínda estamos a tempo!

Entrega

Rematada a vivenda, realizaremos unha visita co cliente para verificar cada espazo da mesma. Isto axudaranos a detectar calquera fallo que puidese aparecer, tanto no funcionamento dos diferentes mecanismos como nos acabados.

Unha vez verificado todo e de acordo co cliente, farase entrega do correspondente final de obra visado polos colexios profesionais, xunto co libro da edificación onde se detallan os diferentes mantementos e garantías de cada traballo efectuado.

O promotor neste momento deberá solicitar a Licenza de 1ªocupación, rexistrar a vivenda e realizar a escritura de declaración de obra nova.

Agora só toca gozar do teu novo fogar!