Entrevista en Radio Coruña (Cadena SER)

A arquitecta Passivhaus Marta Tigrás  e Belén Bouza, fundadora e directora técnica de EdMCasas participaron o pasado venres nun programa emitido en directo desde o espazo para coworkers do Pazo de Arenaza en Oleiros.
A construcción de casas pasivas en Galicia e o emprego da madeira como material idoneo para unha construcción sustentable e eficiente enerxéticamente foron alguns dos temas tratados.  Tamén se falou sobre a evolución do proxecto casasposcovid.com, coa posibilidade de habilitar, en breve, un espazo piloto no propio Pazo de Arenaza.