EdM Casas participa nun novo proxecto: CasaPosCovid

A arquitecta técnica especializada en construción con madeira Belén Bouza (fundadora de edmcasas), lanzou a idea dun proxecto colaborativo para deseñar unha casa adaptada “a nova normalidade”, que sexa versátil para que se poidan transformar espazos, para ser desde aula educativa a espazo de traballo ademais de fogar, unha CasaPosCovid, nome do proxecto.
No espazo de traballo colaborativo ou coworking do Pazo de Arenaza en Iñás (Oleiros), impulsado pola Deputación, quince emprendedores apuntáronse á idea e para empezar lanzaron unha enquisa nas redes onde preguntaron polo número de persoas que viven no fogar, idades, cantos teletraballan, mascotas, etc.).

“Pola miña propia experiencia con dous nenos, e a dificultade de conciliar, pensei nesta idea, un modelo de casa adaptable á nova normalidade da que tanto se fala e que tantos cambios vai supor nas nosas vidas. Primeiro lanzamos unha enquisa para investigar as necesidades e inquietudes e ver que lle gustaría mellorar á xente. Os que participamos neste proxecto somos desde arquitectos a asesores inmobiliarios, persoal branding, copywritters, expertos en domótica… Queremos ofrecer algo moi pensado, que sexa unha casa para uso normal pero adaptable se xorden necesidades ou é necesario illarse, que queden espazos de peche automático… e non só nunha vivenda nova, tamén nunha para reformar. Ao final desenvolveremos un prototipo cun prezo de referencia”

Belén Bouza (Fundadora de EdM Casas)