Nova construción de vivenda con madeira en Miño
En EDM casas o 2021 empezou cheo de novos proxectos e moita ilusión. Esta é a estrutura con madeira da nosa próxima obra.
A vivenda estará localizada no concello de Miño (A Coruña).
Lembramos que a madeira é un dos materiais construtivos que máis crecemento experimentou ultimamente. Eclipsada polo formigón no boom inmobiliario, agora preséntase de novo como un material alternativo sustentable no tempo, con pegada de carbono negativa e aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). As novas técnicas, xunto co desenvolvemento de madeiras industriais e a aposta pola descarbonización do sector fixeron da construción con madeira unha alternativa real.
Ademais Edm casas emprega nas súas construcións madeira integramente producida e transformada en Galicia, co que iso supón de cara ó desenvolvemento dun economía circular que acabe por benificiar directa ou indirectamente a gran parte da nosa sociedade.
Grazas a Carlos e Sabela pola súa confianza!